O Deportivo Liceo visita as instalacións de ISB SPORT

O Deportivo Liceo visita as instalacións de ISB SPORT

O Deportivo Liceo aproveitou a súa viaxe a Cataluña para realizar unha visita ás instalacións de ISB SPORT, marca número 1 de rodamentos deportivos a nivel global. Plantel e corpo técnico levaron a cabo un tour guiado no que coñeceron paso a paso o funcionamento da empresa líder.

ISB SPORT, patrocinador oficial do Deportivo Liceo, é o resultado da combinación entre deporte e empresa. A paixón polo deporte unida a todo o coñecemento, ademáis da experiencia do fabricante de rodamentos no sector industrial durante máis de 60 anos. Todo iso xerou unha nova gama de rodamentos deportivos presente nas principais competicións sobre rodas ó máis alto nivel.

Deixa un comentario