Nova xornada na OK Prata Masculina e Feminina

Nova xornada na OK Prata Masculina e Feminina

O primeiro equipo masculino do Deportivo Liceo descansará esta fin de semana debido á suspensión do seu partido fronte ó Vendrell, pero a actividade non se detén nin no filial nin no Feminino. A OK Prata continúa nas súas dúas modalidades con dous choques de considerable dificultade.

A fin de semana comezará cun encontro entre o segundo equipo masculino do Liceo e o Manlleu, cos verdibrancos como locais. Terá lugar o sábado ás 19:00h. Unha proba complicada para o conxunto dirixido por Stanis García, xa que os cataláns son líderes do Grupo Norte con 38 puntos en 17 partidos. O equipo liceísta é sexto clasificado con 27 unidades e afrontará o partido en dinámica positiva, xa que na xornada anterior triunfou ante o Jolaseta (4-9). Tras este compromiso ante o Manlleu, virá un parón competitivo ata o día 10 de abril.

Pola súa parte, o Deportivo Liceo Feminino disputará a súa segunda xornada na nova OK Prata. Tras debutar con vitoria (0-2) fronte ó Las Rozas, agarda un Alcorcón que na data inicial venceu por 0-10 ó Raspeig. O encontro terá lugar o domingo ás 12:00h en Elviña.

Deixa un comentario