Suspendido o encontro entre o Vendrell e o Deportivo Liceo

O partido debía xogarse o sábado 20 ás 20:00h, pero un positivo no equipo local obriga o seu adiamento.
DSC_6400

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O encontro que debía enfrontar ó Vendrell e ó Deportivo Liceo, correspondente á xornada 24 da OK Liga, queda suspendido debido á aparición dun positivo en COVID-19 dentro do plantel do cadro catalán.

Así, a data inicial do sábado 20 de marzo queda sen valor, a falta de coñecer un novo día para a recuperación do partido.

O Deportivo Liceo e toda a familia liceísta deséxanlle a mellor recuperación posible ó afectado.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario