Martí Serra amplía a súa vinculación co Deportivo Liceo

Martí Serra amplía a súa vinculación co Deportivo Liceo

13 de marzo de 2024


O dorsal 10 liceísta defenderá o verde e o branco durante un curso máis.

 

 

O Liceo continúa apuntalando a súa columna vertebral coa renovación de Martí Serra (Sant Hipòlit de Voltregà, 1996). O gardián do conxunto de Juan Copa defenderá as cores liceístas durante unha tempada máis nun movemento levado a cabo da man de AZEMAD.

Martí uniuse á disciplina do Deportivo Liceo durante o verán de 2022 tras comezar en Vic a súa carreira profesional. Tamén militou no Calafell, onde se estableceu definitivamente na OK Liga. Xa no Lleida, o seu último destino antes de aterrizar na Coruña, o meta logrou levantar unha WS Cup. Ademais, foi campión do Europeo de 2021 co combinado español.

O Deportivo Liceo suma esta importante renovación ás xa anunciadas de Dava Torres, César CarballeiraFran Torres; co obxectivo de establecer un novo ciclo gañador que continúe ampliando as vitrinas do club máis laureado de Galicia.

Deixa un comentario