#LiceoBarça | ENTRADAS para a xornada 22 da OK Liga 23/24

#LiceoBarça | ENTRADAS para a xornada 22 da OK Liga 23/24

13 de marzo de 2024


O Deportivo Liceo recibirá ó Barcelona o domingo 24 de marzo ás 12:00h.

As entradas de público xeral terán de novo un custo de 5€ a unidade.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

A OK Liga regresará para o Deportivo Liceo cun auténtico partidazo. Volverá a Riazor o Barcelona (domingo 24, 12:00h) para disputar o primeiro dos últimos cinco partidos desta Fase Regular.

Para que todos os Liceístas que o desexen poidan axudar ó equipo de Juan Copa, o club manterá a venda das entradas a tan só 5€ para o público xeral.

Xa están dispoñibles a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) con pases físicos.

Socios e abonados gratis

Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24 tanto en Europa como en OK Liga, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúass condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario