#LiceoTrissino | ENTRADAS para o último partido de Fase de Grupos (WSE Champions League)

#LiceoTrissino | ENTRADAS para o último partido de Fase de Grupos (WSE Champions League)

24 de febreiro de 2025


O Deportivo Liceo pechará a Fase de Grupos recibindo ó Trissino o xoves 27 de febreiro (20:30h). Haberá de novo á venda entradas de público xeral por 7€ cada unha.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

Deportivo Liceo e Trissino pecharán o acto inicial da WSE Champions League coa súa décima xornada. Riazor será este xoves 27 (20:30h) o escenario do duelo entre galegos e italianos, un para o que volve haber entradas de público xeral dispoñibles.

Os pases para este último choque de Fase de Grupos xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (20:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente da forma na que se merque.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario