#LiceoReus | ENTRADAS para a xornada 10 da OK Liga 23/24

#LiceoReus | ENTRADAS para a xornada 10 da OK Liga 23/24

28 de novembro de 2023


O Deportivo Liceo recibirá ó Reus no Pazo (domingo 3, 12:00h) con pases a tan só 5€ para o público xeral.

Decembro comezará para Juan Copa e os seus cun partido de nivel. O domingo 3 ás 12:00h visitará Riazor o Reus Deportiu, un auténtico clásico do hockey nacional, e os Liceístas que desexen apoiar ós homes de verde e branco poderán facelo con tódalas facilidades posibles.

O público xeral conta con entradas online dispoñibles a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) para a venda de pases físicos.

Socios e abonados gratis

Os socios do Deportivo Liceo, como non pode ser doutro xeito, poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Valerá tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo inmellorable: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Como é e será habitual durante toda a tempada, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran unha das seguintes dúas condicións. Será necesario acreditar debidamente cada unha delas nas portas de Riazor:

Deixa un comentario