10 de febreiro de 2025
O Deportivo Liceo recibirá ó Igualada o domingo 16 de febreiro ás 12:00h. Coma sempre, con entradas de público xeral á venda por 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Nova cita para Riazor e para o Deportivo Liceo, que o vindeiro domingo 16 recibirán ó Igualada (12:00h) nunha nova xornada de OK Liga. Outra á que, como vén ocorrendo durante todo o ano, o público xeral que desexe acudir poderá facelo a prezos populares.
As entradas para o choque entre galegos e cataláns xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:00h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente da forma na que se merque.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):



