#LiceoCaldes | ENTRADAS para a xornada 6 da OK Liga 23/24

#LiceoCaldes | ENTRADAS para a xornada 6 da OK Liga 23/24

30 de outubro de 2023


O Deportivo Liceo xogará en Riazor ante o Caldes (sábado 4, 18:00h). Hai pases para público xeral a tan só 5€.

Dúas xornadas seguidas de visitante deixan xa paso ó regreso do hockey ó Pazo dos Deportes de Riazor. O feudo do Deportivo Liceo recibirá ó Caldes para unha nova proba da OK Liga, na que Juan Copa e os seus xogadores buscarán volver á senda do triunfo (sábado 4, 18:00h). Para axudarles, tódolos Liceístas que o desexen contarán con varias opcións de facelo.

O público xeral conta con entradas online dispoñibles a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) para a venda de pases físicos.

Socios e abonados gratis

Os socios verdibrancos, como non pode ser doutro xeito, poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Valerá tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo inmellorable: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Como é e será habitual durante toda a tempada, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran unha das seguintes dúas condicións:

Deixa un comentario