16 de xaneiro de 2024
O Deportivo Liceo disputará a súa primeira xornada como local do novo 2024 coa visita do Calafell a Riazor.
As entradas de público xeral terán un custo de 5€ a unidade. Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, tanto de forma impresa como dixital.
A OK Liga de 2024 aparece, por fin, no Pazo dos Deportes de Riazor. Será coa visita do Parlem Calafell, que se enfrontará ó Deportivo Liceo para oficializar a xornada 15 da Fase Regular (sábado 20, 18:00h). Como é habitual, tódolos Liceístas que o desexen poderán animar ó equipo de Juan Copa a prezos totalmente inmellorables: entradas a 5€ para o público xeral.
Xa están á venda a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) cos pases físicos.
Socios e abonados gratis
Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):