Axúdanos a gañar o Clásico! Portas abertas para a base do hockey coruñés

Axúdanos a gañar o Clásico! Portas abertas para a base do hockey coruñés

19 de marzo de 2023


A base dos clubes de hockey da Coruña e comarca estará invitada para o encontro ante o Barcelona (domingo 24, 12:00h).

O Deportivo Liceo recibirá este domingo ó Barcelona (12:00h) e Riazor deberá ser anfitrión dunha auténtica festa do hockey sobre patíns. Para iso, o club invitará ás categorías base de tódolos clubes da Coruña e comarca.

Tódolos nenos e nenas dos equipos da nosa terra poderán entrar de balde para vivir o Clásico do hockey español.

O Liceo comunicarase con todos eles para trasladarlles a idea, aínda que todo aquel que desexe sumarse a este gran partido tamén poderá facelo contactando vía correo electrónico con administracion@hockeyclubliceo.com.

Unha vez nas portas, todos os nenos dos clubes deberán presentar as súas licencias federativas para demostrar que xogan nos mesmos. Se o acompañante ou acompañantes non son socios, deberán adquirir unha entrada.

Axúdanos a gañar o Clásico! Vivamos xuntos un gran día de hockey!

Entradas a 5€ para público xeral

Por outra parte, o público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de tan só 5€ cada unha, tal e como ocorre desde fai meses para facilitar o máximo posible a asistencia dos Liceístas.

Durante o propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) para a venda de pases físicos.

Os socios e os abonados provintes do Real Club Deportivo tamén accederán sen abonar custo algún.

Deixa un comentario