Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo: acreditacións de prensa

Ábrese o prazo de solicitudes de asistencia, que deberán incluir unha serie de datos obrigatorios.

Restan menos de dúas semanas para o comezo da Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo, a mellor competición mundial do hockey sobre patíns. Todo aquel medio de comunicación que desexe acudir ó Pazo dos Deportes poderá solicitar a súa asistencia a partir deste momento.

Para iso será necesario facilitar unha serie de datos á dirección de correo prensa@hockeyclubliceo.com: nome e apelidos de cada xornalista, DNI e medio de comunicación. Haberá acreditacións para medios que demostren o seu carácter oficial.

Do 11 ó 17 de abril, A Coruña será o centro neurálxico do hockey sobre patíns. Apúntate ó maior evento do noso deporte!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario