¡Fórmate co Liceo!

O Foro de Formación e o club únense para ofrecer ós seus socios unha gran variedade de cursos gratuitos certificados pola FUNDAE.

O Deportivo Liceo e o Foro de Formación xuntan os seus camiños. Queda así inaugurada a campaña Fórmate co Liceo, na que o novo patrocinador do club levará a cabo cursos gratuitos certificados pola FUNDAE.

Calquera socio do Deportivo Liceo en situación de paro, ERE ou ERTE; así como autónomos ou traballadores do sector Grandes Almacéns (Supermercados, Grandes Superficies…), Alimentación ou Medioambiente (Xestión de Residuos, Xardinería, Limpeza…), pode optar desde este intre a calquera deles.

¡Visita o sitio web do Foro de Formación e benefíciate da gran variedade de cursos dispoñibles ata fin de ano! Podes informarte e apuntarte a través da seguinte ligazón:

https://www.forodeformacion.org/la-formacion-para-el-empleo-de-un-equipo-campeon/

¡Fórmate co Liceo e prepara un CV de campións!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario