Carles Grau, César Carballeira e Marc Grau defenderán ó combinado español no Europeo

O seleccionador Guillem Cabestany contará cos tres xogadores do Liceo na cita a celebrar en Portugal (14-20 novembro).

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O traballo ben feito volve en forma de premio para tres dos integrantes do Deportivo Liceo. Carles Grau, César Carballeira e Marc Grau son tres dos xogadores seleccionados por Guillem Cabestany para defender a España no vindeiro Europeo absoluto de nacións.

A cita terá lugar en Paredes (Portugal) do 14 ó 20 de novembro, despois de ser adiada no pasado.

A lista completa do combinado español, tamén con varios exliceístas, é a seguinte:

  • PORTEROS: Carles Grau (Deportivo Liceo), Xavi Malián (FC Porto) e Martí Serra (Lleida).
  • XOGADORES DE PISTA: César Carballeira (Deportivo Liceo), Marc Grau (Deportivo Liceo), Xavi Barroso (FC Porto), Sergi Aragonès (Benfica), Sergi Panadero (Barça), Ignacio Alabart (Barça), Pau Bargalló (Barça), Ferran Font (Sporting CP) e Toni Pérez (Sporting CP).

IMAXES: HOCKEY GLOBAL.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario