Fin de semana de catro amigables en Portugal

Os equipos masculino e feminino do Liceo xogarán contra o Sporting (sábado) e o Benfica (domingo).

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Os dous equipos principais do Deportivo Liceo continúan a súa preparación, que a vindeira fin de semana transcurrirá por terras portuguesas. Alí, os xogadores e xogadoras de Juan Copa e Carlos Loureiro actuarán contra dous rivais de máximo nivel: o Sporting de Portugal e o Benfica.

O sábado 4 de setembro celebrarase a reedición do recente dobre partido contra o Sporting (con vitoria por 5-4 no Feminino e derrota por 2-5 no Masculino). Abrirá o maratón de hockey o conxunto de Juan Copa, que se enfrontará ó de Paulo Freitas ás 19:00h (hora española). Unha vez finalizado o encontro, terá lugar o dos equipos femininos (21:00h de España).

Os compromisos do domingo 5 terán como contendente ó Benfica. O Feminino será o que abra a xornada ás 12:00h (hora española), mentres que o Masculino xogará ás 16:00h (hora española).

Serán os últimos partidos amigables dos xogadores dirixidos por Juan Copa, xa que o 11 de setembro comezará a competición oficial. Agarda a semifinal da Supercopa de España, a disputar contra o Caldes (18:50h). En caso de triunfo, a final sería o día 12.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario