CRÓNICA | Remontada e excelente imaxe (5-4)

O Liceo Feminino supera ó Sporting CP tras un gran exercicio de personalidade.

ADN Liceo de manual. Así se pode calificar o partido de presentación das recén ascendidas a OK Liga, superiores a un serio e perigoso Sporting de Portugal.

Todo iso despois de que, ó principio, se fixera valer a gran categoría do rival. O Sporting amosou calidade e apenas tardou dous minutos en colocar o 0-1, obra de Margarida tras unha boa xogada colectiva. Resultado enganoso tendo en contra a posta en escea do Liceo de Carlos Loureiro, que estreaba galas e incorporacións.

A pesar da resposta local, o conxunto luso logrou aumentar a vantaxe (minuto 7) desde o punto de castigo. Catarina superou a Katy e deixou un marcador duro, pero as verdibrancas asumiron o reto. Melloraron o seu rendemento e puxeron en problemas ó Sporting ata que Naiara, en menos dun minuto, igualou o duelo (2-2).

O 3-2 puido chegar en múltiples ocasións, pero foron as portuguesas as que se adiantaron de novo mediante Rita Batista e Ana Catarina (2-4). Con esta situación naceu o descanso.

Perseverancia

Lonxe de rendirse, o Liceo regresou á pista coa mesma actitude do 2-2 parcial. Amosouse ambicioso e con oportunidades a pesar do gol anulado que anotou o Sporting (logrado co patín tras un rexeite de Viki Caretta, que tomou o lugar de Katy). Nunca amedrentou.

Instantes despois, Alba Garrote marcou o 3-4 cunha definición potente. A falta de doce minutos, ela mesma logrou o 4-4. Viki foi chave para conservalo tras salvar tres oportunidades claras do rival, finalmente superado polo hat trick de Naiara Vaamonde. O seu gol, vital para a remontada, chegou a dous minutos da clausura.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Katy Guscin; Ale Martín, Luchy, María Sanjurjo, Alba Garrote (quinteto inicial), Andrea Ojeda, Naiara Vaamonde, Lara Yáñez, Lucía Yáñez, Cris Diz, Isa Barros e Viki Caretta.

SPORTING PORTUGAL: Claudia Vicente; Inês Arrais, Rute Lopes, Margarida Florêncio, Ana Catarina (quinteto inicial), Inês Açoreira, Inês Vieira, Rita Batista e Alice Vicente.

ÁRBITROS: Nicolás Morandeira e Diego Garrido. Sen cartóns azuis.

GOLES: 0-1 (Margarida Florêncio, min. 2). 0-2 (Ana Catarina, min. 7). 1-2 (Naiara Vaamonde, min. 14). 2-2 (Naiara Vaamonde, min. 15). 2-3 (Rita Batista, min. 22). 2-4 (Ana Catarina, min. 25). 3-4 (Alba Garrote, min. 27). 4-4 (Alba Garrote, min. 38). 5-4 (Naiara Vaamonde, min. 48).

INCIDENCIAS: Partido de presentación do Deportivo Liceo 21/22 (edición feminina). Pazo dos Deportes de Riazor.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario