O Deportivo Liceo recibirá a entrada do novo ano 2023 cun xaneiro cargado de hockey sobre patíns. Será, entre outras cousas, a volta da OK Liga a Riazor. Visitará A Coruña o Lleida (domingo 8, 17:00h) e o club verdibranco volverá a vender entradas a prezos inmellorables (5€).
Unha gran oportunidade para vivir un domingo cheo de deporte coruñés. Posteriormente, unha vez remate o partido de hockey das 17:00h, os asistentes que teñan entrada ou carnet para o Real Club Deportivo poderán gozar dunha cita ineludible: o regreso do coruñés Lucas Pérez no encontro dos branquiazuis contra Unionistas de Salamanca (19:00h, ABANCA-Riazor).
O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir por nada menos que 5 euros, tal e como se apuntou anteriormente. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.
Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de forma dixital ou impresa.
Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.