Entradas para o Deportivo Liceo-Alcobendas

Entradas para o Deportivo Liceo-Alcobendas

O Deportivo Liceo afrontará a vindeira fin de semana (sábado 11, 18:00h) o seu segundo partido consecutivo na casa e o club quere contar coa maior cantidade posible de gorxas. O Alcobendas será o rival que visite o Pazo dos Deportes de Riazor nun choque cun claro obxectivo: seguir loitando pola primeira praza da OK Liga.

Por iso, e como xa é habitual, disponse varios escenarios de adquisición de pases para tódolos liceístas que desexen animar ó equipo.

Abonados do Real Club Deportivo

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán amosar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de forma online mediante outra ligazón de Cluber:

Liceístas, agardámosvos no Pazo dos Deportes de Riazor!

Deixa un comentario