DEPORTIVO LICEO-IGUALADA | Prezos populares para abrir un gran domingo de deporte coruñés

O público xeral poderá acudir a unha nova xornada de OK Liga fronte ó Igualada (17:00h), a disputar antes do choque do Real Club Deportivo (19:00h).

Achégase un gran domingo de deporte coruñés, entre outros eventos, co mellor hockey sobre patíns a prezos populares. O choque do Deportivo Liceo ante o Igualada das 17:00h no Pazo dos Deportes, ademáis, disputarase dúas horas antes do partido de fútbol do Real Club Deportivo (19:00h).

O club lanza de novo prezos populares para todo o que queira asistir a esta xornada de hockey. O público xeral terá esa posibilidade por só 5 euros e poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.

O público xeral poderá adquirir as súas entradas de xeito online ou en taquillas antes do partido por tan só 5€. Os socios e abonados entrarán gratis ensinando as súas credenciais.

Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provientes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de xeito dixital ou impreso. Estes últimos poderán facer un 2×1 de deporte coruñés.

Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.

Axúdanos nesta recta final de tempada!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario