Deportivo Liceo e Oliveirense disputarán un amistoso o mércores 23 de agosto

Deportivo Liceo e Oliveirense disputarán un amistoso o mércores 23 de agosto

17 de agosto de 2023


Disputarase ás 18:00h de España no Pazo dos Deportes de Riazor.

Os socios e abonados do Liceo poderán entrar gratis. Tamén haberá entradas a 5€ para público xeral tanto en taquillas como online mediante Cluber.

Entrarán gratis os estudantes do Colexio Liceo e os posuidores dunha licenza federativa de hockey sobre patíns correspondente ó curso 22/23.

A primeira proba do Deportivo Liceo de Juan Copa será un reto de nivel. O conxunto verdibranco recibirá ó Oliveirense no amigable inaugural da pretempada (mércores 23 de agosto, 18:00h de España).

O Pazo dos Deportes de Riazor abrirá as súas portas para albergar un encontro que ben podería ser de Champions. Tamén servirá de presentación oficial de cara á gran afección liceísta, que terá o acceso habitual ó recinto.

Como asistir ó encontro?

Tódolos socios do Deportivo Liceo 23/24 terán, naturalmente, acceso gratuíto. Só deberán presentar os códigos QR dos seus carnés para entrar.

Tamén aplica ós abonados procedentes do Real Club Deportivo. Todos aqueles que adquiriran o carné co suplemento do Deportivo Liceo poderán entrar no Pazo sen restricións ensinando dita acreditación.

Por outra parte, o público xeral contará con entradas a 5€ que se poderán adquirir tanto nas taquillas do Pazo (abertas desde as 17:00h) como vía Cluber. O enlace de compra en liña é o seguinte:

https://t.ly/NtLAL

Comeza a promoción para os Liceístas máis pequenos

Á súa vez, neste amigable reanudarase a promoción que permite a entrada gratuíta ós afeccionados máis novos.

Os estudantes do Colexio Liceo La Paz de tódalas idades están incluídos nesta circunstancia especial, ademais dos posuidores dunha ficha federativa de hockey sobre patíns que alcancen ata os 12 anos.

Neste último caso, ó non comezar aínda o curso 23/24, valerán as do 22/23.

Próximos amistosos

Ata que chegue o debut oficial do 23 de setembro (semifinal da Supercopa de España ante o Reus) estes serán os demáis amistosos confirmados:

  • 30 de agosto, 31 de agosto e 1 de setembro | Stage en Portugal ante Barcelos, Oliveirense e Valongo respectivamente. Horarios por confirmar.
  • 8, 9 e 10 de setembro | Torneo Internacional de Famalicão (Portugal) ante Famalicense (21:00h), Riba D’Ave (20:00h) e Saint-Omer (16:30h) respectivamente. Horas españolas.
  • 17 de setembro ante o Rivas Hockey no Pazo dos Deportes de Riazor. Horario por confirmar.

Deixa un comentario