Imaxe: Iria Roma.
Trala suspensión da Liga Senior Autonómica, que derivou no ascenso do Deportivo Liceo e do Borbolla, o horizonte presenta agora un novo reto en forma de OK Prata Feminina.
A competición comezará o 13 de marzo e finalizará o 20 de xuño, nunha xornada unificada que poñerá fin ás 14 totais desta segunda categoría do hockey nacional. Os dous primeiros conxuntos clasificados lograrán o ascenso definitivo á OK Liga Feminina.
O calendario completo da competición, sempre suxeito a calquera modificación de índole sanitaria, é o seguinte:
- Xornada 1 (13 de marzo): CP Las Rozas – DEPORTIVO LICEO.
- Xornada 2 (20 de marzo): DEPORTIVO LICEO – CP Alcorcón.
- Xornada 3 (27 de marzo): Gatikako Iusturi – DEPORTIVO LICEO.
- Xornada 4 (10 de abril): DEPORTIVO LICEO – UDC Rochapea.
- Xornada 5 (17 de abril): Descansa.
- Xornada 6 (24 de abril): DEPORTIVO LICEO – HC Borbolla B.
- Xornada 7 (1 de maio): CPP Raspeig – DEPORTIVO LICEO.
- Xornada 8 (8 de maio): DEPORTIVO LICEO – CP Las Rozas.
- Xornada 9 (15 de maio): CP Alcorcón – DEPORTIVO LICEO.
- Xornada 10 (22 de maio): DEPORTIVO LICEO – Gatikako Iusturi.
- Xornada 11 (29 de maio): UDC Rochapea – DEPORTIVO LICEO.
- Xornada 12 (5 de xuño): Descansa.
- Xornada 13 (12 de xuño): HC Borbolla B – DEPORTIVO LICEO.
- Xornada 14 (20 de xuño): DEPORTIVO LICEO – CPP Raspeig.