CRÓNICA #OKLiga | Tropezo sen consecuencias na táboa (8-2)

CRÓNICA #OKLiga | Tropezo sen consecuencias na táboa (8-2)

27 de abril de 2025


O Reus vence ó Liceo, aínda que ambos xa comezaron o partido coa terceira e a segunda praza conseguidas de forma matemática.

A derrota en Reus foi chamativa en canto a marcador, pero non deixou consecuencias. A táboa nas tres primeiras posicións xa estaba decidida antes de que Miguel Díaz e Iván González decretaran o inicio desta penúltima xornada, así que a utilidade da mesma basouse en regresar á acción tras tres semanas de ausencia.

O Liceo chegou ó Palau d’Esports coa segunda praza asegurada de forma matemática e saíu á súa pista con ambición. Càndid Ballart e os paus mantiveron a porta a cero e entón foi cando Martí Casas, aproveitando un contraataque, estreou o marcador a favor dos locais. Joan Salvat e Ferran Giménez colocaron entón un complicado 3-0 parcial, tan esaxerado como real cando todavía non se alcanzara o cuarto de hora de acción.

Uns goles iniciais complicados

A reacción tiña que aparecer e Dava Torres empeñouse en que así fora. Os seus dous goles (ambos lonxanos, de gran factura) foron sen embargo insuficientes. Aínda que o descanso chegara con 3-2, o inicio da segunda metade non deixou máis que outro duro golpe para os intereses dos de Juan Copa. Diego Rojas e Marc Julià, nos minutos 30 e 31, provocaron un 5-2 parcial que mitigou os intentos visitantes.

O Reus pechou o partido

Desde ese momento, os de Jordi García aproveitaron as circunstancias para ampliar un marcador xa de por si elevado. E se antes contaba con certo grado de esaxeración, entón máis. O Liceo atopou os postes de Ballart en varias ocasións. Achegamentos que finalmente non trocaron o 2 da conta. O Reus deixouno en oito antes de que soara a bociña.

Final e mente xa no último encontro da Fase Regular, que levará ó Voltregà a Riazor. Será o domingo 4 ás 12:00h, antes de que o equipo xa entre ó 100% no modo playoffs.

FICHA TÉCNICA

REUS DEPORTIU: Càndid Ballart; Pol Martínez, Maxi Oruste, Marc Julià, Guillem Jansà (quinteto inicial), Ferran Giménez, Joan Salvat, Martí Casas, Diego Rojas e Nil Viña (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Pablo Cancela e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Miguel Díaz Cosme e Iván González González. Sin tarjetas.

GOLES: 1-0 (Martí Casas, min. 9). 2-0 (Joan Salvat, min. 10). 3-0 (Ferran Giménez, min. 14). 3-1 (Dava Torres, min. 19). 3-2 (Dava Torres, min. 22). 4-2 (Diego Rojas, min. 30). 5-2 (Marc Julià, min. 31). 6-2 (Guillem Jansà, min. 38). 7-2 (Martí Casas, min. 41). 8-2 (Martí Casas, min. 44).

INCIDENCIAS: Xornada 25 da OK Liga 24/25. Palau d’Esports de Reus.

Deixa un comentario