CRÓNICA OK LIGA (X14) | Cinco goles para a quinta seguida (5-0)

CRÓNICA OK LIGA (X14) | Cinco goles para a quinta seguida (5-0)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Novo triunfo do Deportivo Liceo de Juan Copa. Esta vez tocou un contundente contra o Voltregà baseado na ambición e o bo traballo defensivo. O conxunto local, ataviado hoxe coa equipación alternativa, mantén así a súa segunda posición grazas a un bo rexistro de 33 puntos sobre 42 posibles.

A intensidade e as ganas de marcar tiveron cor negra desde o primeiro minuto. Literalmente. César Carballeira oficializou as intencións ós poucos segundos coa diana inaugural do Deportivo Liceo, conseguida tras unha gran xogada individual por costado dereito con mellor definición.

O Deportivo Liceo adiantouse no marcador no primeiro minuto de partido

O gol non detivo a actitude ofensiva dos xogadores de Juan Copa, que por momentos aturdiron ó Voltregà. Lluis Teixidó debeu incluso solicitar un tempo morto ós dous minutos e medio de encontro. Ó regresar do mesmo, o propio César anotou o 2-0 aproveitando que as pezas todavía se estaban colocando no parquet.

Si conseguiu reaccionar o conxunto catalán, que empezou a probar a un Martí Serra realmente acertado. O xogo igualouse, aínda que o perigo máis importante continuou sendo orixinado polo Liceo. Só detivo o 2-0 de Di Benedetto o asubío dos colexiados, tras sinalar unha falta anterior. O 2-0 foi o que chegou ó descanso.

Máis do mesmo

Pouca variación de guion ocorreu ó regresar á pista para o segundo acto. Polo menos nos seus primeiros compases. Un remate desviado de Dava e un paradón de Martí Serra a Teixidó abriron o catálogo de ocasións, posteriormente monopolizado polos homes de Juan Copa.

César Carballeira anotou un hat trick. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Unha infracción sobre Arnau Canal, ex do Voltregà, mandou a Àlex Rodríguez ó punto da falta directa no minuto 34 para que posteriormente batira a Sánchez. Iso rematou co partido de forma definitiva. Pouco despois, César chegou ó hat trick cun disparo á velocidade da luz (4-0) e Pol Manrubia aproveitou un bo pase de Rodríguez.

O vindeiro compromiso do Deportivo Liceo será en Girona (sábado 21, 20:00h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Pol Manrubia, Fabri Ciocale, Fran Torres, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).

VOLTREGÀ: Javier Sánchez; Èric Vargas, Jordi Burgaya, Aleix Molas, Gerard Teixidó (quinteto inicial), Dídac Alonso, Humbert Serra, Pol Molas e Miquel Estrada (meta suplente).

ÁRBITROS: Pérez Pérez e Ribó Navarro. Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (César Carballeira, min. 1). 2-0 (César Carballeira, min. 4). 3-0 (Àlex Rodríguez, min. 34). 4-0 (César Carballeira, min. 37). 5-0 (Pol Manrubia, min. 40).

OK Liga 22/23, Jornada 14. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario