CRÓNICA | Un equipo de 10 (4-1)

CRÓNICA | Un equipo de 10 (4-1)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Un 10 en todo. O Deportivo Liceo de Juan Copa é iso. Continúa líder con 5 puntos de diferenza con respecto ó segundo, cada vez máis reforzado e cunha racha de vitorias (10) que xa cobra tintes históricos. Esta vez gañou a un bo Girona por 4-1, equipo que mostrou unha excelente imaxe.

O partido comezou con ritmo e cun guion que podía caer hacia un lado ou outro, pero ó principio non o fixo do liceísta. Ós cinco minutos do asubío inicial, Alex Grau (irmán dos locais Carles e Marc) inaugurou o intercambio de golpes a favor do Girona (0-1). Non melloraron moito as cousas nunha das seguintes accións, cos dous irmáns liceístas como protagonistas. Marc viu o cartón azul, pero Carles detivo a falta directa de Gerard Pujol.

Redimiuse o xemelgo do equipo local pouco despois, cando logrou nivelar o marcador (1-1) ante o berro de xúbilo dos 500 afeccionados presentes no Pazo. O máis que veterán Jaume Llaverola, antigo defensor da meta do Liceo, amosou que todavía ten corda para rato cunha triple intervención que evitou o 2-1. Polo menos nese momento, porque os afortunados asistentes puideron presenzar en directo unha das faltas directas de Jordi Adroher. Con outra definición de xenio, o catalán completou a remontada a 3 minutos do entretempo.

Intensidade ante un rival organizado

O Girona de Juan Ramón Benito demostrou o que avisara Juan Copa na previa do choque: que fai as cousas moi en e que conta cunha ampla gama de variantes tácticas. O equipo liceísta sudou gotas gordas para facerlle dano ó seu rival, ben organizado en todo momento.

Só foi un erro individual o que permitiu acumular tranquilidade ó Deportivo Liceo. Humberto Da Silva, nun pase mal calculado, provocou que o arxentino Franco Platero superara con relativa comodidade a Llaverola. A definición, potente, significou o 3-1 a falta de 8 minutos para a conclusión. O mencionado Humberto estivo a punto de redimirse, pero a súa falta directa foi detida por un muro chamado Carles Grau. César Carballeira quixo unirse á festa co 4-1 definitivo.

A décima vitoria consecutiva, que iguala a súa marca histórica, permite ó Deportivo Liceo colocarse cunha vantaxe de 5 puntos con respecto ó Barcelona (segundo clasificado). O conxunto culé xogará esta fin de semana, pero o coruñés recuperará o luns o único compromiso pendente que lle queda (20:00h ante o Palafrugell). Estará en xogo tanto manter a distancia como firmar o mellor arranque da súa historia na OK Liga.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Roberto Di Benedetto, Dava Torres, Maxi Oruste (cinco inicial), Marc Grau, Jordi Adroher e Franco Platero.

GARATGE PLANA GIRONA CH: Jaume Llaverola, Xavier Gurri, Humberto Da Silva, Alex Grau, Gerard Pujol (cinco inicial), David Gelmà, David Carles Domenech e Pau Palacín.

GOLES: 0-1 (Alex Grau, min. 5). 1-1 (Marc Grau, min. 12). 2-1 (Jordi Adroher, min. 22). 3-1 (Franco Platero, min. 42). 4-1 (César Carballeira, min. 45).

ÁRBITROS: López Quinteiroe Villar Costa. Mostraron cartón azul a Marc Grau e Juan Copa por parte do Deportivo Liceo. No Girona viuna Alex Grau.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 11 da OK Liga 20/21. Pazo dos Deportes de A Coruña, 500 espectadores.

Deixa un comentario