CRÓNICA | Triunfo incontestable para seguir a boa dinámica (10-0)

CRÓNICA | Triunfo incontestable para seguir a boa dinámica (10-0)

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O Deportivo Liceo continúa o seu excepcional rendemento. Suma 28 puntos de 33 posibles na OK Liga despois de superar amplamente ó Alcobendas, vítima da superioridade xeral dun conxunto de Juan Copa que segue loitando polo liderado.

Os verdibrancos, esta vez vestidos de negro, tardaron tres minutos en adiantarse no marcador. Logrouno Jordi Adroher ó rematar unha gran xogada de Àlex Rodríguez polo costado dereito. Foi o principio do longo dominio liceísta. Dava Torres, nun man a man, anotou pouco despois o primeiro dos seus catro goles.

A acción basouse nunha treboada de ocasións do Liceo. O capitán marcou os seus outros tres tantos antes do descanso. Un deles, cunha definición máxica tras unha excepcional xogada coral. Rodríguez tamén se sumou á festa para irse ó entretempo con 6-0 e baixo os cánticos de ledicia do público de Riazor.

Protagonismo para Nanu Castro e Mati Bridge

A tónica non cambiou no segundo tempo. Aínda que sen urxencia de anotar, Juan Copa e os seus xogadores tildaron a súa superioridade e aumentaron a renda. Adroher oficializou o 7-0 de falta directa mentres Nanu Castro e Mati Bridge gozaban de protagonismo. Ó meta arxentino, que ocupou o lugar de Carles Grau durante os dez últimos minutos, deulle tempo a ensinar varias das súas habilidades baixo os ferros.

Marc Grau, Rodríguez e Jordi Burgaya finiquitaron o 10-0 definitivo co que o Liceo selou a vitoria. O equipo concéntrase xa no seu derradeiro choque de 2021: a visita a un forte Noia.

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; Dava Torres, Àlex Rodríguez, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher (quinteto inicial), Marc Grau, Jordi Burgaya, Nanu Castro e Mati Bridge.

ALCOBENDAS: Isaac Larios; Jordi Gabarra, Iñigo Artacho, Jorge López, Miguel López (quinteto inicial), Ignacio Castro, Julián Villares, Alonso Martín e Víctor Wally.

ÁRBITROS: Sergi Mayor Oliván e Jonathan Sánchez García. Mostraron cartón azul ó visitante Miguel López.

GOLES: 1-0 (Jordi Adroher, min. 3). 2-0 (Dava Torres, min. 7). 3-0 (Dava Torres, min. 21). 4-0 (Dava Torres, min. 23). 5-0 (Àlex Rodríguez, min. 24). 6-0 (Dava Torres, min. 25). 7-0 (Jordi Adroher, min. 31). 8-0 (Marc Grau, min. 38). 9-0 (Àlex Rodríguez, min. 40). 10-0 (Jordi Burgaya, min. 44).

Xornada 11 da OK Liga 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario