Contra o Lleida, o martes 19 ás 19:30h e con 250 espectadores

As novas medidas anti-COVID en Galicia levaron ó Deportivo Liceo a solicitar un cambio de horario á RFEP.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo recibirá ó CE Lleida o martes día 19 de xaneiro, como estaba previsto, pero a cita será finalmente ás 19:30h e non ás 21:00h. As novas medidas contra a COVID-19 instauradas pola Xunta de Galicia, que inclúen o toque de queda ás 22:00h, levaron ó club a solicitar o cambio de horario á Real Federación Española de Patinaxe.

Para dito partido, o Pazo dos Deportes poderá albergar a un máximo de 250 espectadores. Como é habitual desde o comezo da tempada, os socios poderán solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavía non foran a ningún partido.

O prazo comeza desde este mismo momento e ata ás 14:00h do luns día 18. No correo deberán incluirse NOME, APELIDOS e DNI de todos os solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO.

O Deportivo Liceo desexa recordarlle ós asistentes que será obrigatorio tomar as medidas de prevención que sexan necesarias: distancia de seguridade, uso de mascarilla en todo momento, uso do xel desinfectante de mans e, resumidamente, seguir as indicacións do persoal do Pazo dos Deportes.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario