CRÓNICA | Derrota ante un efectivo Sant Cugat (5-2)

CRÓNICA | Derrota ante un efectivo Sant Cugat (5-2)

Derrota do equipo liceísta ante o Sant Cugat (5-2) no primeiro partido do filial en 2021. O equipo dirixido por Stanis García viña dunha semana sen competir debido ós positivos en COVID-19 do Areces Pavitek, o seu rival na anterior xornada.

Non comezou moi ben o guion para o filial, xa que ós seis minutos recibiu un gol. Mati Bridge non puido deter a Carles Domènech nunha xogada con dúbidas, xa que o árbitro pareceu anular o tanto, pero finalmente subiu ó marcador. O golpe non amedrentou ós verdes, que buscaron inmediatamente o empate.

Nanu Castro estivo a punto de logralo cun remate dentro da área de Toda, pero Joan Farnés dobrou a vantaxe a 2-0 a 12 minutos para o intermedio. A falta de 8, Serrallonga estableceu o 3-0. O Liceo chegaba máis, pero o Sant Cugat gozou do acerto. Carlos Alonso e Aldo Mejía erraron dúas penas máximas no último minuto da primeira metade.

Máis dificultades

O filial liceísta retornou á pista con ganas a pesar do resultado negativo, pero o que marcou novamente foi o Sant Cugat. Non foi o día do equipo de A Coruña, que atopou unha excelente actuación do meta David Toda. Tamén ofreceu unha imaxe similar Mati Bridge, que entre outras intervencións detivo unha pena máxima de Pau Gilabert.

Mentres, Aldo Mejía facía honor á grande cantidade de ocasións do seu equipo co 4-1. A seis do final, unha falta directa de Fran Torres rematou no segundo gol coruñés, pero a reacción foi anulada co quinto do Sant Cugat. Así quedou o marcador.

Se as circunstancias sanitarias o permiten, o filial do Deportivo Liceo volverá á competición o vindeiro 23 de xaneiro. Será o comezo da segunda volta e ante o Dominicos, en derbi coruñés.

FICHA TÉCNICA

PHC SANT CUGAT: David Toda, Carles Domenech, David Yepes, Pau Gilabert, Xavier Serrallonga (cinco inicial), Joan Farnés e Pol Claramunt.

DEPORTIVO LICEO B: Mati Bridge, Aldo Mejía, Nanu Castro, Fran Torres, Rubén Martín (cinco inicial), Carlos Alonso e Álex Novoa.

GOLES: 1-0 (Carles Domenech, min. 6). 2-0 (Joan Farnés, min. 13). 3-0 (Xavier Serrallonga, min. 17). 4-0 (David Yepes, min. 29). 4-1 (Aldo Mejía, min. 39). 4-2 (Fran Torres, min. 44). 5-2 (Xavier Serrallonga, min. 47).

ÁRBITROS: Barba Gómez-Álvarez e Blat Guimera. Mostraron cartón azul a David Yepes.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 11 da OK Prata 20/21 (Grupo Norte). Rambla del Celler 2, sen espectadores.

Deixa un comentario