Contra o CD Patinalon para finalizar a OK Bronce de 2022

Contra o CD Patinalon para finalizar a OK Bronce de 2022

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

O 2022 tamén remata para a OK Bronce. Nesa competición está o filial do Deportivo Liceo, que vivirá este sábado 17 a décima xornada (sobre o papel) do seu Grupo Norte. No que será o sétimo partido para os liceístas debido ás xornadas de descanso, recibirán no Agra I ó CD Patinalon (17:00h).

Os muchachos dirixidos por Sergio Huelves veñen dunha gran vitoria na pista do Telecable por 2-6, útil para sumar un total de sete puntos. Algunha proporción de irrealidade ten a táboa, xa que tódolos equipos que superan ó Liceo (oitavo clasificado) contan con un ou incluso con dous choques disputados máis.

O conxunto de Sergio Huelves vén dun gran triunfo na pista do Telecable (2-6).

O Patinalon, pola súa parte, tamén xogou un compromiso máis pero permanece na décima posición con catro unidades. Na súa visita a Galicia volverá á competición, xa que durante a fin de semana do 10 de decembro foi un dos conxuntos con descanso. Antes do mesmo sufriu unha dura derrota por 7-1 na casa do Escola Lubiáns.

Pausa vacacional ata mediados de xaneiro

Tras este partido, o Deportivo Liceo e toda a OK Bronce vivirán un tempo de asueto. A competición non volverá ata o 14 de xaneiro do novo ano, día no que o filial visitará ó Urdaneta.

Deixa un comentario