CRÓNICA OK LIGA (X11) | O partido foi o de menos (6-0)

CRÓNICA OK LIGA (X11) | O partido foi o de menos (6-0)

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O hockey estivo nun segundo plano. Polo menos serviu para homenaxear a Alexandre Acsensi, xogador do Caldes recentemente falecido. Competitivamente falando, foi o Deportivo Liceo de Juan Copa o que levou o partido e os tres puntos, o que suma un total de 24 e o que se mantén na segunda posición da OK Liga.

Tras un respetado e sobrecolledor minuto de silencio, o Liceo e o Caldes empezaron a procurar esquecer o seu motivo. O xogo non comezou con demasiado ritmo nin con intervencións para Jordi Pons e Mati Bridge, titular na meta dos hoxe vestidos de negro. Martí Serra presenciou o choque desde a barreira.

Non foi ata o minuto 8 cando Dava Torres, escorado, tentou por primeira vez a un gardián visitante que estirou o brazo e mandou a bóla fóra da pista. Continuou a cruzada Àlex Rodríguez cun dos seus característicos balazos. Este petou no longueiro e botou fóra.

Arnau Canal, autor de dous tantos en Igualada, asistiu hoxe a Bruno Di Benedetto para abrir o marcador. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Era cuestión de tempo o 1-0, realidade no minuto 14 cando Bruno Di Benedetto rematou dentro da área un pase de Arnau Canal. O mesmo xogador francés, catro despois, encargouse de anotar o 2-0 tras unha gran xogada individual. Ó Caldes xa lle pesaban as escasas rotacións (oito homes saíron a pista).

Decidiu a segunda metade

O regreso tralo descanso, con troco de porteiro incluido dentro do Caldes, xa foi 100% dominio liceísta. Dava Torres oficializouno ós poucos segundos cando batiu a Jaume Gisbert (3-0). Di Benedetto, tres minutos despois, culminou unha contra e un pase de Pol Manrubia para completar o seu hat trick e o 4-0.

Fran Torres ‘Tombita’ aproveitou os seus minutos anotando o 5-0.

Contou con minutos Fran Torres, que incluso viu porta ó desviar un disparo de César Carballeira (minuto 35). Conseguiu deixar a súa marca. Tamén o logrou Mati Bridge, que se fixo forte ante os últimos arreóns do conxunto catalán e mantivo a súa porta a cero. O capitán Dava Torres marcou o 6-0 a segundos do final, intre no que Riazor eloxiou o esforzo do Caldes.

O Deportivo Liceo, tras este triunfo, pechará a OK Liga do ano natural 2022 na pista do Vilafranca (sábado 17, 19:30h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Mati Bridge; César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Bruno Di Benedetto, Fabri Ciocale, Fran Torres, Arnau Canal e Martí Serra (meta suplente).

CH CALDES: Jordi Pons; Roger Presas, Xavi Gurri, Cristian Rodríguez, Álvaro Giménez (quinteto inicial), Marcos Blanqué, Marc González e Jaume Gisbert (meta suplente).

ÁRBITROS: De la Hera Jáudenes e Cantos Bonales. Sen cartóns.

GOLES: 1-0 (Bruno Di Benedetto, min. 14). 2-0 (Bruno Di Benedetto, min. 18). 3-0 (Dava Torres, min. 26). 4-0 (Bruno Di Benedetto, min. 29). 5-0 (Fran Torres, min. 35). 6-0 (Dava Torres, min. 50).

OK Liga 22/23, Xornada 11. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Deixa un comentario