COMUNICADO | Sentenza do TSX de Galicia favorable ó Hockey Club Liceo

COMUNICADO | Sentenza do TSX de Galicia favorable ó Hockey Club Liceo

En canto á demanda presentada no pasado por Catherine Guscin (antiga xogadora do Club) e as posteriores sentenzas emitidas polos diversos xulgados, o Hockey Club Liceo desexa manifestar o seguinte:

  • Neste presente 2022, Catherine Guscin presentou unha demanda ante o Club na que denunciaba unha suposta actitude discriminatoria pola nosa parte e reclamaba a conseguinte compensación ante esa hipotética inexistencia dos seus dereitos fundamentais. Á súa vez, reclamaba unha débeda económica.
  • O Club sempre entendeu que non existía relación laboral con esta xogadora (e ningunha), pola liberdade de actuación e operativa que ten o equipo feminino.
  • Nunca se lle negou a esta persoa a cantidade de compensación da débeda. Sempre foi recoñecida polo Hockey Club Liceo. Insistiuse no seu abono antes de levar o asunto ó círculo xudicial, aínda que Guscin decidiu continuar coa demanda co obxectivo de reclamar a suposta discriminación.
  • Os tribunais de instancia déronlle a razón á demandante en canto ó asunto laboral (moi discutible, pero acatado) e a cantidade da débeda, non así na discriminación. A mencionada demandante optou por realizar recurso de suplicación ante o TSX de Galicia, feito que impugnaron o Ministerio Fiscal e o Hockey Club Liceo.
  • En resolución do 18 de novembro de 2022 o TSX de Galicia DESESTIMOU dito recurso de suplicación, dando razón ó Club. Non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción, ó recollerse xudicialmente o que levamos defendendo desde fai xa demasiados meses.

Para a desestimación das pautas referentes a unha hipotética discriminación, o Tribunal Superior de Xustiza utiliza varios dos argumentos que incluía o Hockey Club Liceo na súa impugnación:

  1. Sobre a discriminación por non estar de alta na Seguridade Social. Citamos:

“O feito de que as xogadoras do equipo feminino de hockey, e en concreto a actora, non estén dadas de alta na Seguridade Social, non implica que sexa un indicio de discriminación por canto que era unha cuestión controvertida o feito de se a actora estaba unida coa demandada cunha relación laboral, isto é, se discutía o vínculo de laboralidade, por canto que o club demandado sempre sostivo que non era traballadora do club, ó non concorrer as notas de laboralidade en consecuencia non consideraba necesaria a súa alta na Seguridade Social; tratándose dunha discrepancia de carácter xurídico que nada ten que ver coa discriminación denunciada, nin pode entenderse como un indicio de discriminación”.

  1. Entende ademáis que a existencia de impagos e a falta de alta na Seguridade Social non son motivos suficientes para entender un trato discriminatorio:

“Non se pode concluir, en base ós motivos que cita no recurso, a falta de alta na Seguridade Social e o impago de salarios que quedan reducidos a un tema de legalidade ordinaria o primeiro, e ó incumplimento das obrigacións por parte da empresa, o segundo, a existencia dun trato discriminatorio e de vulneración dos dereitos fundamentais que denuncia a demandante recurrente”.

  1. Por último, en canto ó argumento sobre a diferenza de trato por viaxar o equipo masculino en avión, entende o Tribunal que obedece ós tipos de competicións e polos maiores ingresos derivados de publicidade:

“En canto ás alegacións de que o primeiro equipo masculino viaxa en avión, a diferenza do equipo feminino, tal extremo xa foi valorado correctamente pola maxistrada de instancia tras unha análise da proba practicada e iso obedece ós distintos tipos de competicións que desenrolan debido ós desprazamentos derivados dun ámbito territorial superior e conlevan maiores ingresos derivados da publicidade e dos seus patrocinadores”.

Para rematar, o Hockey Club Liceo desexa reiterar todavía máis o seu máximo compromiso coa loita pola igualdade entre homes e mulleres. A clara intención da entidade desde a entrada da presente directiva é a de, paso a paso, equiparar tódolos aspectos entre os equipos masculinos e femininos. Continuaremos traballando para que esto poida ser unha realidade cada vez máis palpable.

Deixa un comentario