A WSE Champions League 22/23 sortearase o 29 de decembro

A competición comezará, en principio, o vindeiro 26 de xaneiro.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O novo ano 2023 virá da man da competición continental. O Deportivo Liceo disputará a partir do 26 de xaneiro a WSE Champions League, que xuntará ós mellores equipos de Europa nun formato inicial de fase de grupos e de posteriores eliminatorias.

O sorteo da fase inaugural terá lugar en Porto este 29 de decembro ás 19:00h de España. Haberá catro bombos cun total de catro conxuntos cada un, a saber:

BOMBO 1 BOMBO 2 BOMBO 3 BOMBO 4
Sporting CP SL Benfica DEPORTIVO LICEO CE Noia
FC Porto Reus Deportiu OC Barcelos AD Valongo
Barça Hockey Sarzana GS Hockey Trissino CP Calafell
UD Oliveirense Amatori Wasken Lodi HC Forte Dei Marmi SCRA Saint-Omer

 

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario