COMUNICADO | Inicio dunha nova etapa na xestión do equipo feminino e cesión da súa praza de OK Liga

COMUNICADO | Inicio dunha nova etapa na xestión do equipo feminino e cesión da súa praza de OK Liga

O Hockey Club Liceo, debido á complicada situación que vive temporalmente a institución, desexa comunicar o seguinte:

  • No día de hoxe, o Hockey Club Liceo chegou a un acordo final para a cesión da praza da OK Liga Feminina a unha nova entidade que, dende o inicio da próxima tempada, se fará cargo da xestión deportiva e económica do equipo.
  • O acordo, froito de múltiples negociacións entre as partes implicadas, recolle a boa vontade do Hockey Club Liceo que, a pesar de contar con opcións máis satisfactorias desde o punto de vista económico, fixo prevalecer a continuidade do proxecto nesta cidade.
  • O club quere agradecer enormemente á Xunta de Galicia o compromiso que mostrou para garantir a estabilidade desta nova iniciativa, conseguindo desta forma que Galicia e A Coruña sigan representadas na máxima categoría do hockey sobre patíns feminino.
  • A decisión, baseada únicamente en motivos económicos que fan inviable a continuidade do proxecto, pon fin a unha etapa na que o Hockey Club Liceo adicou innumerables esforzos económicos para conseguir que os seus dous primeiros equipos acadasen grandes éxitos deportivos.
  • Mediante este acordo, o Hockey Club Liceo cede totalmente e con efecto inmediato a xestión global do equipo feminino. Aínda que se fará cargo dos compromisos económicos derivados da xestión realizada ata o final da presente tempada e negociados cos novos responsables, para un mellor comezo da nova xestora.
  • O acordo recolle que a entidade xestora entrante terá potestade para elixir a nova identidade visual e corporativa do proxecto, que deixará de denominarse Hockey Club Liceo Feminino.
  • O Hockey Club Liceo quere agradecer ás xogadoras e ó corpo técnico o compromiso mostrado co equipo a pesar das dificultades sufridas, así como o respaldo recibido polas entidades públicas e privadas e o apoio dunha afección que sempre estivo ó lado da entidade.
  • O Hockey Club Liceo lamenta que a falta de medios impedisen seguir adiante coa óptima xestión dun proxecto polo que a entidade apostou de forma incondicional e sen ningún tipo de dúbidas, sabendo das dificultades económicas que iso suporía para o conxunto do club.
  • O Hockey Club Liceo quere desexar a mellor das sortes ó novo proxecto que agora comeza para que o hockey feminino desta cidade poida seguir medrando nun contexto máis favorable e cheo de éxitos.

Deixa un comentario