Calendario para as eleccións á Presidencia do Club 2023

Calendario para as eleccións á Presidencia do Club 2023

Pola presente, a día 28 de febreiro de 2023, comunícase o calendario das eleccións á Presidencia do Club:

  • 20 DE FEBREIRO | Convocatoria de eleccións e constitución da Xunta Electoral.
  • 28 DE FEBREIRO-6 DE MARZO | Presentación de candidatos (para ser tomadas en consideración, as candidaturas deberán ser avaladas por un mínimo do 10% do censo electoral). O prazo finalizará ás 20:00h do día 6 de marzo.
  • 6 DE MARZO | Publicación da lista provisional de candidatos.
  • 7-13 DE MARZO | Prazo para reclamacións.
  • 13-15 MARZO | Resolución de reclamacións.
  • 20 DE MARZO | Publicación da lista definitiva de candidatos.
  • 24 DE MARZO | Votación para a elección a Presidente.

Regulamento electoral

  • A Xunta Electoral será o órgano encargado da organización e control do proceso electoral. Estará integrada por tres membros titulares e tres suplentes.
  • As reunións da Xunta Electoral que sexan necesarias celebraranse na sede do Club sita no Colexio Liceo La Paz, rúa Sebastián Martínez Risco, 12, 15009 A Coruña, e en cada unha delas será levantada unha acta.
  • Se non existise máis dunha candidatura, a votación non tería lugar e o candidato sería elixido.
  • Se existise máis dun candidato constituiríase unha mesa electoral para proceder á votación mediante voto libre, igual e secreto por medio de papeleta oficial que será depositada na urna.
  • En ningún caso serán admitidos votos por correo.
  • O mandato da Xunta Electoral finalizará á conclusión do proceso electoral.

Funcións da Xunta Electoral

  • Velar polo axustamento a Dereito do proceso electoral.
  • Organizar o proceso de elección a Presidente do Club segundo o disposto no regulamento.
  • Designar as mesas electorais para a votación.
  • Establecer a documentación necesaria que garantice o proceso electoral.
  • Proclamar as candidaturas á Presidencia do club que cumpran os requisitos establecidos.
  • Garantizar a exposición de censos, candidaturas e outros documentos segundo o regulamento electoral.
  • Coñecer e pronunciarse sobre as reclamacións que se presenten en materia electoral. A Xunta Electoral estará obrigada a resolver dentro do prazo previsto ó efecto tódalas reclamacións que se formulen.
  • Custodiar toda a documentación correspondente a todo o proceso electoral ata a súa finalización, que será cando remate o prazo para a impugnación da toma de posesión do Presidente.

Deixa un comentario