Celebración do título de 2021, logrado no Pazo dos Deportes da Coruña. Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
Chega a edición 2023 da Copa do Rei, unha competición sempre tan intensa como apaixonante. O Pavelló Joan Ortoll de Calafell será o escenario no que, do 2 ó 5 de marzo, oito equipos loitarán pola gloria. Entre eles estará o Deportivo Liceo, flamante campión de 2021.
Os homes de Juan Copa deberán gañar tres partidos de xeito consecutivo para facerse coa prateada. O primeiro, correspondente ós cuartos de final, enfrontará á expedición verdibranca co Caldes (xoves 2, 18:15h). O gañador desta eliminatoria atoparase en semifinais (sábado 4, 18:30h) co Noia ou o Voltregà, e a final, xogue quen a xogue, decidirá ó campión o domingo 5 ás 12:30h.
O Deportivo Liceo xogará ante o Caldes para abrir a competición (xoves 2, 18:15h)
Analizado o primeiro lado do cadro, o segundo ofrecerá a outro finalista entre Barça, Igualada (venres, 18:00h, cuartos), Reus e o anfitrión Calafell (venres, 20:30h). A semifinal deste sector será o sábado ás 21:00h.
A competición poderase ver por TVG2, Esport3, RTVE Play, Teledeporte e OK Liga TV.
O Caldes como pedra de toque
O contendente inicial na presente Copa será o Caldes, oitavo clasificado da actual OK Liga. O conxunto dirixido por Eduard Candami xa competiu co Liceo nunha ocasión dentro da competición doméstica, cos coruñeses como vencedores por 6-0. Todo, iso si, baixo as desgraciadas circunstancias do entonces recente falecemento do xogador Alexandre Acsensi.
Clasificatoriamente falando, o Caldes sumou 28 puntos durante o curso 22/23 grazas a oito vitorias, catro empates e oito derrotas. O dato curioso reside nos seus goles en contra: 83, a segunda cifra máis alta da OK Liga por detrás da do colista Vilafranca. Os favorables, polo tanto, foron exprimidos dun xeito inmellorable: son 67, dentro da media da súa zona clasificatoria.
O último choque copeiro entre Liceo e Caldes tivo lugar na edición de 2021 (A Coruña). Ocorreu en semifinais e deixou ó equipo de Juan Copa como vencedor por 4-1. Posteriormente, como xa se sabe, os verdibrancos superaron ó Barcelona para alzar o título.
A Calafell con todo o plantel
Juan Copa es os once xogadores do seu plantel atópanse xa en terras catalás para realizar probas de pista no Pavelló Joan Ortoll. As convocatorias permiten un máximo de dez homes, como xa é sabido, polo que o técnico deberá realizar un descarte antes de cada encontro.
Atópanse en Calafell, polo tanto, os seguintes integrantes: Martí Serra (dorsal 1), Mati Bridge (87), Sito Ricart (2), Bruno Di Benedetto (3), César Carballeira (5), Pol Manrubia (7), Dava Torres (8), Fabri Ciocale (9), Àlex Rodríguez (27), Fran Torres ‘Tomba’ (44) e Arnau Canal (49).