Beatriz Gaete incorpórase ó Deportivo Liceo

Beatriz Gaete incorpórase ó Deportivo Liceo

A chilena Beatriz Gaete (8 de agosto de 1996) únese ó Deportivo Liceo. Capitá da selección do seu país, completa unha incorporación de nivel para o equipo feminino que o día 13 de marzo comezará a súa andadura na nova OK Prata.

Gaete conta con ampla experiencia no ámbito internacional, no que deu os primeiros pasos á idade de 13 anos. En 2014 xa era capitá do combinado chileno. Tamén ten experiencia no propio hockey español, da man dun CP Las Rozas no que disputou a OK Liga Feminina.

Deixa un comentario