Anfitrión triplo na OK Liga, a Senior feminina e a OK Prata

Anfitrión triplo na OK Liga, a Senior feminina e a OK Prata

Imaxe: SHUM Frit Ravich.

A fin de semana do Deportivo Liceo estará caracterizada polos partidos como local en tres das súas principais categorías: a OK Liga, a Liga Senior Autonómica feminina e o Grupo Norte da OK Prata. Todos eles terán obxectivos realmente ambiciosos, relacionados cos liderados dos seus grupos. Como é natural, estes calendarios están suxeitos a novidades sanitarias de última hora que poidan modificar ou cancelar os compromisos.

O equipo de Juan Copa, líder intocable da OK Liga con nove vitorias en nove partidos, recibirá no Pazo dos Deportes ó Garatge Plana Girona CH (xornada 11). Será o venres 4 de decembro ás 20:45h (HOCKEY GLOBAL), nunha nova oportunidade para afianzar todavía máis o primeiro posto. Actualmente, o Deportivo Liceo conta cunha vantaxe de dous e catro puntos con respecto ó Barcelona (segundo) e ó Reus (terceiro), pero ambos rivais xogaron un partido máis.

O conxunto da Liga Senior Autonómica feminina atópase na mesma situación có masculino: líder invicto, con pleno de vitorias e co guion de defender a primeira praza. Procurarán conseguilo o sábado 5 ás 10:30h contra o Diver Patín, equipo ao que xa venceron na pasada xornada por 2-6.

En canto ó Grupo Norte da OK Prata, o Liceo de Stanis García recibirá a un Sant Just líder desde a data anterior despois da derrota dos verdes contra o Manlleu. O encontro, co mencionado primeiro posto en xogo, celebrarase o sábado 5 ás 20:00h.

Deixa un comentario