Acordo de colaboración entre o Hospital Quirónsalud A Coruña e o Deportivo Liceo

Acordo de colaboración entre o Hospital Quirónsalud A Coruña e o Deportivo Liceo

O Hospital Quirónsalud A Coruña e o Deportivo Liceo asinaron nas súas instalacións do Centro Médico Quirónsalud da Coruña un convenio polo cal este realizará as probas diagnósticas e consultas de asesoramento deportivo dos xogadores do primeiro equipo durante as vindeiras dúas campañas.

Carlos Paz, Xerente territorial de Quirónsalud Galicia, manifestou “estar moi contento de poder prestar os servizos médicos ó Hockey Club Liceo e así poder poñer á súa disposición uns servizos asistenciais da máis alta calidade, formados polos mellores equipos humanos e a última tecnoloxía médica dun centro de referencia en toda Galicia. Durante as próximas dúas tempadas Quirónsalud acompañará ó club nos seus logros deportivos”.

Con esta alianza, o Hospital Quirónsalud A Coruña amosa o seu apoio ó deporte da cidade. Este acordo súmase ó que xa ofrece os seus servizos médicos ó Leyma Coruña e ó Real Club Deportivo.

Os mellores medios e profesionais

O Hospital Quirónsalud A Coruña convértese así no centro médico de referencia para os xogadores do club, ofrecendo unha completa infraestrutura técnica e humana.

Ten no seu plantel un equipo médico de primeiro nivel que lle permite atender máis de 30 especialidades médicas e quirúrxicas, nas que destaca o Servizo de Traumatoloxía e Ciruxía Ortopédica formada por sete especialistas de gran prestixio.

Igualmente, este centro hospitalario conta con 100 camas de hospitalización, distribuidas en tres prantas. Tamén ofrece a tódolos xogadores unha completa dotación hospitalaria formada por un servizo de Urxencias 24 horas, seis quirófanos, un departamento de Diagnóstico pola Imaxe e unha das máis modernas salas de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista, entre outros.

Compromiso co deporte

Con esta nova colaboración, Quirónsalud consolida o compromiso que mantén desde fai anos coa saúde do deporte mediante a participación en múltiples eventos e disciplinas, xa que é un campo que está relacionado coa saúde tanto na prevención de enfermidades como na calidade de vida en xeral.

O deporte reflexa, ademáis, unha serie de valores cos que o Grupo se identifica na súa forma de traballar: disciplina, espírito de superación, esforzo pola mellora continua e traballo en equipo, chaves para lograr a excelencia tanto no ámbito clínico como no deportivo.

Sobre Quirónsalud

Quirónsalud é o grupo hospitalario líder en España e, xunto coa súa matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademáis da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica, particularmente en Colombia e Perú. Conxuntamente, conta con máis de 45.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 58 hospitales con máis de 8.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializado e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón…

O Grupo traballa na promoción da docencia (oito dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenrolo e Innovación).

Igualmente, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a traslación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está desenrolando multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito unha labor puntera, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, ginecoloxía e neuroloxía, entre outras.

Deixa un comentario