6 de abril de 2026
O Liceísmo poderá apoiar ó equipo no pabillón Dr. Salvador Machado da localidade lusa.
O Liceo xogarase a clasificación para a Final 8 da WSE Champions League (xoves 16 de abril, 20:30h de España).
Por un total de 36€ por persoa incluirase un pack de autobús máis entrada.
O Liceo non estará só na última xornada da WSE Champions League. O pabillón Dr. Salvador Machado de Oliveira de Azeméis albergará o xoves 16 de abril un partido decisivo no que o conxunto de Juan Copa se xogará a súa presenza na Final 8. Proba ante o Oliveirense que afrontará xunto a calquera Liceísta que o desexe. Para aunar forzas, o Club pon a disposición un pack de autobús máis entrada por tan só 36€/persoa.
Dito ingreso deberá realizarse mediante transferencia bancaria ó seguinte número de conta: ES98 2080 0006 4255 0002 2243, enviando xustificante ó correo administracion@hockeyclubliceo.com. Na mensaxe deberase especificar o nome das persoas acollidas á promoción.
O mencionado autobús sairá o mesmo xoves día 16 desde a DéporTienda da Rúa Manuel Murguía. Iso será ás 15:30h e, en caso de ser necesario, realizará unha parada ás 15:45h en Alfonso Molina. O regreso á Coruña terá lugar unha vez concluido o partido.
Algunha razón para non viaxar a Oliveira? Únete a Juan Copa e ós seus nesta enésima loita pola Final 8!

