10 de abril de 2026
O Liceo volverá a Riazor (sábado 11, 19:00h) co obxectivo de sumar tres importantes puntos de cara a asegurar o liderado.
Á Fase Regular da OK Liga quédanlle tres xornadas e varios asuntos en xogo. Un deles, o do primeiro posto. É o que ocupa o Liceo e o que quere reter na visita do Caldes ó Pazo dos Deportes de Riazor (sábado 11 de abril, 19:00h).
Nove puntos por xogarse e dous de vantaxe
Esa tarea está nas mans dos homes de Juan Copa, que ata o momento sumaron a excelente cifra de 53 puntos en 23 duelos. De todos modos, a última derrota na pista do Voltregà (4-2) deixou o colchón do liderado en dúas unidades. O inmediato perseguidor dos liceístas é o Barcelona, propietario de 51; sen perder de vista a terceira praza do Igualada e os seus 50.
O Liceo é líder con 53 puntos, seguido do Barcelona (51) e o Igualada (50) a falta de nove por xogarse
Unha vez decidido o que ocorra en Riazor, ó equipo coruñés só lle restará visitar Lleida (25 de abril, 19:15h) e recibir ó PAS Alcoi (1 de maio, 19:15h). As dúas datas serán de horario unificado.
Tras este encontro tocará cambiar o chip ó da WSE Champions League. O xoves 16 ás 20:30h de España tocará visitar o Dr. Salvador Machado do Oliveirense co obxectivo de lograr a presenza na Final 8 polo máximo título continental.
Sen novidades na convocatoria
A lista de Juan Copa para esta data número 24 de competición non vivirá trocos con respecto ás anteriores. A única baixa continuará a ser a de Toni Pérez, todavía recuperándose da doenza sufrida fai un mes.



Polo tanto, os dez xogadores responsables de enfrontarse ó Caldes serán os seguintes:
- Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
- Blai Roca – Porteiro, 20
- Nil Cervera – 2 – 8 goles
- Arnau Xaus – 3 – 9 goles
- César Carballeira – 5 – 17 goles
- Jacobo Copa – 7 – 1 gol
- Dava Torres – Capitán, 8 – 12 goles
- Nuno Paiva – 11 – 13 goles
- Bruno Saavedra – 13 – 9 goles
- Fran Torres – 44 – 1 gol
Un Caldes con prácticamente os dous pés en OK Prata
Non foi unha boa temporada para o conxunto catalán, matemáticamente descendido á segunda categoría nacional debido á sanción de tres puntos recibida no mes de marzo. De todos modos, aínda que dito castigo fora revocado, o Caldes contaría con só 14 unidades sumadas e unha derrota máis certificaría o seu descenso.
Unha das numerosas derrotas sufridas polo conxunto de Eduard Candami ocorreu precisamente contra o Liceo na xornada 11. Por aquel día os coruñeses venceron por 0-4 con tantos de Dava Torres (x2), Arnau Xaus e Toni Pérez.

