Copa 2021: 400 abonos á venda e recollida dos pases confirmados de 2020

Copa 2021: 400 abonos á venda e recollida dos pases confirmados de 2020

Co prazo de confirmacións e devolucións xa pechado, o Deportivo Liceo está en disposición de poñer á venda 400 abonos para a Copa do Rei e da Raíña (a celebrar do 10 ó 13 de xuño). Cada pase terá un prezo de 25 €.

O público interesado poderá adquirilos por orde de chegada e desde este mesmo momento a través da seguinte ligazón de Cluber:

https://copa-rey-reina-hockey.cluber.es/

Polo tanto, só poderán mercalos as primeiras 400 persoas solicitantes.

Recollida dos abonos confirmados de 2020

Por outra parte, todo aquel que confirmara vía correo electrónico o uso do seu abono de 2020 deberá recollelo de forma presencial. Será nas oficinas do club (colexio Liceo La Paz) en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 21:00h.

A vindeira semana, correspondente ó inicio da Copa, manterase esta localización durante o luns 7, o martes 8 e o mércores 9. O xoves 10, data do comezo da competición, os abonos deberán recollerse no Pazo dos Deportes de Riazor nun horario a confirmar próximamente.

Tal e como xa se anunciou, a xente que solicitou a devolución do importe do pase de 2020 recibirá os cartos antes do 30 de xuño.

Deixa un comentario