Imaxe de Kiko Lareo.
Un solitario gol de Alabart dalle a vitoria ós visitantes no duelo disputado no Palacio dos Deportes de Riazor.
A realidade é que foi unha acción aislada e desafortunada a que implicou a derrota no Clásico. O Liceo caeu ante o Barça dentro dun Palacio a reventar de afeccionados verdibrancos, permanecendo así co casilleiro de puntos todavía sen estrear.
Igualdade total durante os 50 minutos. Iso foi o que ocorreu neste novo enfrontamento de gran rivalidade, unha que se viu desde o principio e culminou cunha acción extradeportiva do culé Sergi Llorca que acabou coa súa expulsión. Os de Juan Copa, sen Bruno Saavedra por lesión pero co canteirán Jaime Méndez no seu lugar, poderían disfrutar así dunha rotación máis durante boa parte do primeiro acto e todo o segundo.
Unha xogada desafortunada que decantou o resultado
Sen embargo, no que se refire a marcador, todo continuou 0-0 ó chegar ó entretempo grazas ás excelentes actuacións tanto de Blai Roca como de Arnau Martínez nas súas respectivas porterías. O momento clave chegou coa tarxeta azul vista por Sergi Aragonès no minuto 28, que deixaba ó Liceo con power play favorable. Sen embargo, un erro provocou un contraataque de dous para un do Barça que terminou co gol decisivo de Ignacio Alabart (minuto 30).
Alabart adiantou ó Barça no minuto 30 de xogo
Seguiron sen aparecer a fortuna e o merecemento na décima infracción catalá, cuxa directa enviou Xaus ó pau dereito do meta. As numerosas ocasións locais e os cinco homes de pista tampouco foron suficientes para lograr o empate ou a remontada. Final con derrota e mente posta xa no duelo na pista do SHUM (sábado 14, 20:00h).
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, Edu Lamas, Dava Torres, Franco Platero (quinteto inicial), Jacobo Copa, Nuno Paiva, Toni Pérez, Jaime Méndez e Eloi Martínez (meta suplente).
BARÇA: Arnau Martínez; Ignacio Alabart, Martí Casas, Xavi Barroso, Sergi Llorca (quinteto inicial), Nico Ojeda, Marc Grau, Sergi Aragonès, Davide Gavioli e Carles Grau (meta suplente).
ÁRBITROS: Alberto Pérez Pérez e Iñigo López-Leitón Zapico. Expulsaron con cartón vermello directo a Sergi Llorca, do Barça. Ensinaron o azul ó tamén culé Sergi Aragonès. Tamén mostraron o amarelo ó liceísta Edu Lamas e ó visitante Arnau Martínez.
GOLES: 0-1 (Ignacio Alabart, min. 30).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 26/27, Xornada 2 da Fase Regular. Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña).