5 de xuño de 2026
O Calafell acurta distancias na eliminatoria (2-1) e haberá cuarto partido no Joan Ortoll o domingo ás 12:30h.
Esta vez foi cruz para un Liceo combativo que deberá xogar de novo en Calafell este domingo ás 12:30h. O terceiro encontro das Semifinais polo título foi para os anfitrións do Joan Ortoll.
O asunto prometía tan duro como igualado e non decepcionou a pesar do enganoso resultado, aínda que foi Nuno Paiva quen adiantou ó Liceo no sexto minuto de guion. Anuláronse uns e outros mentres o pavillón apretaba sen descanso para buscar un premio que finalmente atoparon. Corría xa a segunda parte cando empatou Sergi Folguera, habilidoso xogador do Calafell que sacou da manga un disparo lonxano á escadra de Blai Roca (1-1).
Pouca fortuna na prórroga
A partir dese momento, calquera gota puido colmar o vaso. Bruno Saavedra e Quim Gabarró viviron dous claros enfrontamentos contra os porteiros dos seus respectivos rivais, saíndo estes últimos como vencedores. Ocasións realmente perigosas para adiantar ós seus con cada vez menos tempo restante.
O power play a favor do Calafell foi clave durante a prórroga.
Os de Juan Copa tamén tiveron a oportunidade de disfrutar dunha superioridade, aínda que os locais se fixeron fortes e acabaron por sobrevivir. Balanza dun lado a outro, posto que o visitante Biel Pujadas contou coa ocasión máis evidente do encontro a falta de poucos segundos para o final.
Blai Roca fíxose enorme e asegurou a prórroga, pero ó Liceo non lle sorriu a fortuna nos últimos cinco minutos. Unha azul provocou power play para o Calafell, e desde logo aproveitou a tesitura do mellor xeito ó anotar tres goles mediante Pujalte, Pujadas e Marimon. Demasiado castigo para o visto na pista, pero derrota finalmente.
FICHA TÉCNICA
CALAFELL: Martí Serra; Carles Domènech, Biel Pujadas, Aleix Marimon, Sergi Folguera (quinteto inicial), Jero García, Jepi Selva, Joan Pujalte, Quim Gabarró e Josep Virgili (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Rubén Fernández e Joel García. Mostraron o cartón azul a Sergi Folguera por parte do Calafell. No Liceo viuna César Carballeira. Tamén viu o amarelo Jepi Selva (Calafell).
GOLES: 0-1 (Nuno Paiva, min. 6). 1-1 (Sergi Folguera, min. 28). 2-1 (Joan Pujalte, min. 58). 3-1 (Biel Pujadas, min. 59). 4-1 (Aleix Marimon, min. 60).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Playoffs polo título. Partido 3 de Semifinais. Pavelló Joan Ortoll (Calafell).