6 de maio de 2026
Imaxe: KIKO LAREO.
Os verdibrancos caen ante o Porto por 6-2.
Nuno Paiva anotou na primeira parte antes de que os lusos remontaran durante a segunda.
A aventura do Liceo na WSE Champions League 25/26 chegou á súa fin no Mário Mexía de Coimbra. Os homes de Juan Copa loitaron con todo pero non lograron vencer nos Cuartos de Final ante o Porto, unha derrota dura pero que para nada da por terminada esta ilusionante tempada.
Sonó la bocina del inicio y los dos equipos empezaron a correr sin parar. Ida y vuelta. Ahí fue cuando brillaron los porteros, tanto el liceísta Blai Roca como -el exliceísta- Xavi Malián. Ofrecieron a los presentes un catálogo brutal de paradas que mantuvo el 0-0 durante prácticamente toda la mitad inicial de juego.
Unha primeira parte positiva e unha segunda máis negativa
Nuno Paiva foi o encargado de romper esa sequía cun gran gol desde o costado dereito. Avanzou e enganou disparando ó pau corto de Malián, que se lanzou á dereita. Os de Juan Copa incluso rozaron o 0-2 antes do descanso, pero nese contraataque empatou o Porto mediante Carlo Di Benedetto (1-1). Un momento chave.

O segundo acto, lamentablemente, non parou de traer malas novas para os intereses coruñeses. Avisou Hélder Nunes cun tanto que á postre anularía por falta a videoarbitraxe, pero pouco tardaron Di Benedetto e Rafa Costa en poñer o 3-1. O Porto estaba por diante por primeira vez e non soltaría ese privilexio. Recortou distancias César cun penalti, pero Ezequiel Mena e o mencionado Rafa encargáronse de certificar o 6-2 definitivo.
FICHA TÉCNICA
PORTO: Xavi Malián; Gonçalo Alves, Hélder Nunes, Rafa Costa, Carlo Di Benedetto (quinteto inicial), Telmo Pinto, Edu Lamas, Ezequiel Mena, Pol Manrubia e Leonardo Pais (meta suplente).
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Joseph Silecchia e Francesco Stallone (Italia). Sen tarxetas.
GOLES: 0-1 (Nuno Paiva, min. 21). 1-1 (Carlo Di Benedetto, min. 24). 2-1 (Carlo Di Benedetto, min. 31). 3-1 (Rafa Costa, min. 32). 4-1 (Ezequiel Mena, min. 41). 4-2 (César Carballeira, min. 44). 5-2 (Ezequiel Mena, min. 45). 6-2 (Rafa Costa, min. 50).
RECINTO E INCIDENCIAS: WSE Champions League 25/26, Cuartos de Final da Final 8. Mário Mexía (Coimbra, Portugal).