Obxectivo primeiro posto na última xornada regular da OK Liga

30 de abril de 2026


Liceo e Alcoi enfrontaranse en Riazor (viernes 1, 19:15h) para pechar a Fase Regular.

Unha vitoria verdibranca aseguraría xogar o playoff polo título como primeiro clasificado.

Gañar para ser primeiros. Esa é a sinxela fórmula pola que deberá loitar o Liceo nesta última xornada regular da OK Liga, previa ó comezo do esperado playoff polo título. Esta gran proba será en Riazor, coa súa xente e ante o Alcoi dentro de data unificada (venres 1 de maio, 19:15h).

Tres puntos de grande importancia

O obxectivo dos homes de Juan Copa, poseedores agora mesmo de 59 puntos, será acabar a Fase Regular con 62. Esa cifra implicaría que os liceístas entrarían á promoción final desde a mellor posición posible, contando con factor pista en tódalas eliminatorias. A presenza por si sola está matemáticamente asegurada desde fai moitas semanas grazas ó excelente rendemento do equipo durante todo o curso.

A presenza do Liceo no playoff está asegurada desde fai meses, a falta de coñecer desde que posición a disputará.

Actualmente só dous rivais poderían roubarlle ó Liceo o privilexio do liderado: o Barcelona e o Igualada, a dúas e tres unidades de distancia respectivamente. A vitoria de algún deles, sumada a un hipotético tropezo liceísta, podería cambiar a orde da clasificación final.

Todos dispoñibles a falta dun descarte

Bruno Saavedra está de volta á ordes de Copa tras cumprir a súa sanción por acumulación de tarxetas azuis, sumado ó regreso xa definitivo de Toni Pérez despois de superar a doenza física que lle mantivo mes e medio fóra das pistas. O asturiano incluso foi titular na recente vitoria na pista do Lleida (5-6).

Polo tanto, os homes dispoñibles para o técnico coruñés serán os seguintes. Un deles deberá ser obxecto de descarte para cumprir o máximo de dez permitidos nas convocatorias:

  • Martín Rodríguez – Porteiro, dorsal 1
  • Blai Roca – Porteiro, 20
  • Nil Cervera – 2 – 11 goles
  • Arnau Xaus – 3 – 11 goles
  • César Carballeira – 5 – 18 goles
  • Jacobo Copa – 7 – 1 gol
  • Dava Torres – Capitán, 8 – 14 goles
  • Nuno Paiva – 11 – 14 goles
  • Bruno Saavedra – 13 – 9 goles
  • Fran Torres – 44 – 1 gol
  • Toni Pérez – 57 – 11 goles
Bruno Saavedra está de volta tras cumprir sanción. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Un Alcoi que todavía ten opcións

Non está todo perdido para o conxunto valenciano, que tamén podería clasificarse para o playoff en caso de vencer en Riazor. Actualmente ocupa a novena posición con 30 puntos, tres menos que o Lleida (oitavo).

O precedente da primeira volta non é moi positivo para o Alcoi, que no Francisco Laporta viu como o Liceo vencía por 3-5 con tantos de César Carballeira (x3), Dava Torres e Toni Pérez.