5 de abril de 2024
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo conseguirá o posto de forma matemática se vence o domingo en Riazor (12:00h).
Coa mente posta xa ó 100% na OK Liga tras deixar a Champions, ó Deportivo Liceo preséntalle o domingo (12:00h) unha gran oportunidade para encarrilar o seu camiño nos playoffs polo título. O Pazo dos Deportes de Riazor recibirá o Vilafranca e unha vitoria liceísta implicaría a consecución matemática da segunda posición, que otorgaría factor pista nos Cuartos de Final e as Semifinais.
O encontro, correspondente á antepenúltima data da Fase Regular, estará dirixido na pista polos árbitros Jonathan Sánchez e Iñigo López-Leitón; con Francisco José Martínez Suárez como auxiliar.
Dous equipos cun partido recente a costas
Unha vez máis, para o equipo de Juan Copa será un reto a recuperación física. Os seus xogadores volverán ó Pazo despois de afrontar 50 minutos, prórroga e penaltis na volta de Cuartos de Final contra o Barcelos. De todos xeitos, o do domingo será o último choque oficial do Liceo ata final de mes.
Tras este partido, o Liceo non volverá a xogar ata o 27 de abril
As dúas últimas datas da Fase Regular, ambas con carácter unificado, terán lugar o domingo 27 de abril (16:10h na pista do Reus) e o domingo 4 de maio (12:00h en Riazor ante o Voltregà).
Por outro lado, o Vilafranca tamén acudirá á cita con acción recente, posto que o xoves recibiu na súa casa a todo un Lleida. O partido foi finalmente para os segundos grazas ó 3-4 que marcou finalmente o electrónico.
Continúa a baixa de Bruno
Os xogadores que sairán ó Pazo serán os mesmos que o fixeron no Municipal de Barcelos este pasado xoves. Bruno Saavedra todavía permanece de baixa debido á lesión sufrida no partido de ida da eliminatoria.
A lista de Juan Copa será a seguinte:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 21 goles en OK Liga
- César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
- Jacobo Copa | 7 | 7 goles en OK Liga
- Dava Torres | Capitán, 8 | 9 goles en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 9 goles en OK Liga
- Pablo Cancela | 74
- Tato Ferruccio | 77 | 3 goles en OK Liga
Un Vilafranca xa descendido
O conxunto dirixido por Guillem Pérez, no mencionado encontro ante o Lleida, consumiu o seu descenso matemático á OK Prata. Pouco por xogar lle queda agora ó Vilafranca, penúltimo con 16 puntos, salvo perder a categoría na última praza da clasificación.



Unha das 15 derrotas sufridas ó longo da tempada foi precisamente contra o Deportivo Liceo, que na primeira volta logrou vencer en Cataluña por un marcador de 1-4. Os autores das dianas liceístas foron Arnau Xaus, Bruno Saavedra, Dava Torres e César Carballeira, mentres que a local tivo o nome de Roger Martí.
Os xogadores que visitarán Riazor para loitar polos tres puntos serán os seguintes:
- Xus Fernández | Porteiro, dorsal 82
- Pol Castro | Porteiro, 10
- Roger Martí | 6 | 6 goles en OK Liga
- Joan Vázquez | Capitán, 7 | 8 goles en OK Liga
- Arnau Ribas | 8 | 7 goles en OK Liga
- Bernat Yeste | 9 | 10 goles en OK Liga
- Marc Palau | 26 | 4 goles en OK Liga
- Humberto Mendes | 32
- Roger Monserrat | 34 | 3 goles en OK Liga
- Sergi Torné | 66 | 12 goles en OK Liga

