14 de decembro de 2024
O Deportivo Liceo afrontará este domingo o seu último compromiso do ano natural (12:30h).
2024 vai rematar, sempre en termos de hockey, na Poliesportiva de Vilafranca. O Deportivo Liceo de Juan Copa afrontará este domingo ás 12:30h a undécima data da Fase Regular, a que poñerá un punto e aparte que non se retomará ata xaneiro.
Este novo partido en Cataluña estará dirixido por Jonathan Sánchez García e Luis Mier Sánchez, con Pablo Nicieza Elosegui como auxiliar. Estará, coma sempre, retransmitido en directo e de balde mediante a canle de YouTube de OK LIGA TV.
Paréntese ata o 4 de xaneiro
Este esixente calendario dará un pequeno respiro de cariz navideño unha vez o domingo se clausure a acción. Desde o 16 de decembro, un día despois do duelo en Vilafranca, o hockey permitirá descansar ó Liceo en canto a partidos ata o 4 de xaneiro de 2025. Será o momento no que o Reus Deportiu visite o Pazo dos Deportes de Riazor.



A viaxe á Poliesportiva terá lugar só dous días despois da realizada ata a portuguesa localidade de Valongo, onde os verdibrancos empataron nunha nova proba de Champions.
Antes, os de Juan Copa lograban unha contundente vitoria ante o Caldes (7-2) para sumar cinco seguidas na competición doméstica. Unha racha que actualmente coloca ó equipo na terceira posición con 21 puntos, só un menos que o mencionado Reus (segundo clasificado).
Sen novidades na expedición
Salvo novidades negativas de última hora, o míster Juan Copa viaxará por última vez neste 2024 cos mesmos xogadores que conforman habitualmente as listas. Permanece de baixa Pablo Cancela debido á súa coñecida lesión de ligamento cruzado.
Os dez homes que loitarán por tres novos puntos en Vilafranca serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 12 goles en OK Liga e 1 en Champions, pichichi do Liceo
- César Carballeira | 5 | 6 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 2 goles en OK Liga
- Dava Torres | 8 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 2 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions
Contra un recén ascendido en mala dinámica
O Vilafranca de Guillem Pérez recibirá ó Liceo nunha posición negativa. É o equipo que actualmente pecha a clasificación debido ós seus seis puntos sumados en 10 partidos, froito dunha vitoria, tres empates e seis derrotas. Volverán á Poliesportiva, ademáis, despois de sufrir un duro correctivo por 7-1 na pista do Lleida.



Coa obriga de realizar un descarte, a lista de xogadores que loitarán por vencer ó Liceo sairá dos seguintes once:
- Pol Ferrer | Porteiro, dorsal 43
- Jesús Fernández | Porteiro, 82
- Roger Martí | 6 | 4 goles
- Joan Vázquez | Capitán, 7 | 4 goles
- Arnau Ribas | 8
- Bernat Yeste | 9 | 4 goles
- Pablo Gómez | 16
- Marc Palau | 26
- Roger Monserrat | 34 | 3 goles
- Roger Perales | 44 | 1 gol
- Sergi Torné | 66 | 5 goles

