5 de decembro de 2024
Matteo Garcia, xogador do Quévert. Imaxe: FACEBOOK DINAN QUÉVERT.
O Liceo visitará a pista do Dinan Quévert co obxectivo de sumar de tres na máxima competición europea (xoves 5, 20:00h).
Todo vai moi rápido no calendario do hockey sobre patíns. A WSE Champions League non é unha excepción. O frenesí de partidos cede agora o turno ó rei das competicións europeas, campo de batalla dun Deportivo Liceo que está en Francia para disputar a terceira data de Fase de Grupos.
O destino de Juan Copa e os seus será a Salle Némée do Dinan Quévert, dentro dun partido que estará dirixido polos árbitros portugueses Carlos Correia e Manuel Oliveira. Coma sempre, poderase ver en directo vía streaming grazas a europe.worldskate.tv.
Punto de partida na visita do Oliveirense
Esta visita ó outro país veciño significará para o Liceo unha nova oportunidade para sumar de tres en Europa. Os dous choques celebrados ata o de agora deixaron un punto como colleita, resultado do empate logrado na visita a Riazor do Oliveirense portugués (1-1). Menos sorte houbo na pista do Trissino italiano (5-2).



Os verdibrancos ocupan neste momento a cuarta posición do Grupo B, que é a última que permite o acceso ós Cuartos de Final. A folla de ruta percorrida e por percorrer do Deportivo Liceo na competición continental é a seguinte:
- XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
- XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO (5 de decembro)
- XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO (12 de decembro)
- XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica (9 de xaneiro)
- XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
- XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
- XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
- XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
- XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)
Baixa do capitán
Juan Copa non poderá contar con Dava Torres, que non viaxou a Francia debido a unhas molestias físicas. Esta únese á baixa de longa duración de Pablo Cancela, producida durante o verán.
Dava Torres non está en Francia debido a unhas molestias físicas.
Polo tanto, os homes que loitarán polos tres puntos na pista do Quévert serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 10 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 5 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 1 gol en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 1 gol en OK Liga
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga
Un Quévert co mesmo obxectivo
O equipo de Cirilo García, un dos estandartes do hockey francés, aproveitará a visita do Liceo para tratar de revertir unha situación realmente mellorable en Europa.
O Dinan Quévert, poseedor de varios títulos nacionais, ocupa agora mesmo a última posición do mencionado Grupo B de Champions. As súas dúas probas ata o de agora enfrontáronlles ó Benfica (0-5) e ó Oliveirense (6-2), ambas con final infeliz.



O precedente ligueiro anterior a este choque tampouco é o mellor, xa que recibirán ós coruñeses poucos días despois de perder ante o líder Coutras. Na competición patria ocupan o sexto posto con 11 puntos en seis partidos, aínda que a un único triunfo do top 3.
García tratará de combatir ó Liceo cos seguintes dez xogadores, entre os que se atopa o recente exliceísta Guido Pellizzari:
- Bautista Acevedo | Porteiro, dorsal 22
- Enzo Callewaert | Porteiro, 89
- Ronan Ricaille | 4
- Matteo Garcia | 6
- Arthur Landrin | 7
- Corentin Turluer | Capitán, 9
- Tomás Cardoso | 17
- Guido Pellizzari | 54
- Quentin Podevin | 62
- Facundo Almiñana | 67

