250 espectadores na visita do Igualada

250 espectadores na visita do Igualada

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

Tal e como ocorreu na visita do Lleida, o Deportivo Liceo recibirá ó Igualada (sábado 23, 18:00h, HOCKEY GLOBAL) con 250 liceístas nas gradas do Pazo dos Deportes.

Os socios poderán solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavían non foran a ningún partido. O prazo comeza desde este mesmo momento e ata as 17:00h do venres día 22 (víspera). No correo deberanse incluir NOME, APELIDOS e DNI de todos os solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO.

O Deportivo Liceo desexa comunicarlle ós asistentes que será obrigatorio tomar as medidas de prevención necesarias: distancia de seguridade, uso constante de máscara, uso do xel desinfectante de mans e seguir as indicacións do persoal do Pazo.

Deixa un comentario