Derbi para o OK Prata e parón por restricións para o resto de equipos

O filial masculino visitará ó Dominicos o sábado 23 ás 12:30h. O Feminino e as inferiores suspenden a súa actividade debido ás novas restricións sanitarias.

Imaxe: Manu Boutureira.

Continúa a competición para o OK Prata do Deportivo Liceo, que visitará ó Dominicos o sábado 23 (12:30h). Este derbi coruñés disputarase no Pavillón de Monte Alto e xuntará ó filial (5º) co 10º clasificado do Grupo Norte da división. O choque poderase ver en directo en streaming a través da páxina de Facebook do equipo local.

Os que non continuarán a súa actividade competitiva serán o Feminino e as categorías inferiores do Liceo, afectados polas novas restricións sanitarias que paran o deporte autonómico. Ata novo aviso, todos estes equipos farán un alto no camiño, conscientes da importancia de erradicar os terribles datos de COVID-19 recibidos nas últimas datas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario