#XogaConNosODomingo

#XogaConNosODomingo

Esta iniciativa, impulsada por ambos os clubs, busca conseguir a asistencia dun maior número de afeccionados aos encontros que ambos os equipos disputan este domingo no Palacio dos Deportes de Riazor.
Por iso, os socios do Liceo poderán acceder ao partido que xoga o Leyma Coruña ás 18:00 horas, por 6€ (adulto) e 2€ (neno), a condición de que presenten o seu carné de socio do club liceísta ao adquirir a entrada.
Pola súa banda, os afeccionados da #FamiliaNaranja poderán facer o mesmo, acceder ao partido do Liceo ás 12:00 horas fronte a Vic, por 3€, presentando o seu carné de abonado ao club de baloncesto.
Ademais, algúns locais da zona de Riazor, como a Cervexaría Oasis realizarán descontos durante a comida do domingo, para os afeccionados de ambos os equipos que se animen a comer no local e presenten o seu carné de socio, de calquera dos dous equipos.
Esperamos conseguir unha gran resposta por parte da afección de ambos os clubs, para que apoien ás dúas entidades, que comezaron con moi ben pé esta tempada e que sexa unha xornada de diversión e deporte coruñés.

Deixa un comentario